Saltar ao contido

Cristina Cifuentes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCristina Cifuentes

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Cristina Cifuentes Cuencas Editar o valor en Wikidata
1 de xullo de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Q29564118 Traducir
18 de marzo de 2017 – 27 de abril de 2018
← Esperanza AguirrePío García-Escudero →
Presidente da Comunidade de Madrid
25 de xuño de 2015 – 28 de abril de 2018
← Ignacio González GonzálezÁngel Garrido (en) Traducir →
Deputada na Asemblea de Madrid
9 de xuño de 2015 – 8 de maio de 2018 – Federico Jiménez de Parga →

Delegate of the Government in the Community of Madrid (en) Traducir
16 de xaneiro de 2012 – 13 de abril de 2015
← María Dolores Carrión Martín (en) TraducirConcepción Dancausa (mul) Traducir →
Deputada na Asemblea de Madrid
7 de xuño de 2011 – 19 de xaneiro de 2012 – Mario de Utrilla Palombi →

Deputada na Asemblea de Madrid
12 de xuño de 2007 – 29 de marzo de 2011

Deputada na Asemblea de Madrid
12 de novembro de 2003 – 3 de abril de 2007

Deputada na Asemblea de Madrid
10 de xuño de 2003 – 30 de agosto de 2003

Deputada na Asemblea de Madrid
30 de xuño de 1999 – 1 de abril de 2003

Deputada na Asemblea de Madrid
22 de xuño de 1995 – 20 de abril de 1999

Deputada na Asemblea de Madrid
20 de xuño de 1991 – 4 de abril de 1995

Datos persoais
ResidenciaCalle de Manuela Malasaña, Madrid (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto Universitario de Investigación Ortega y Gasset - Master in Public Administration and Business Management (en) Traducir (1999–2000)
Universidade Complutense de Madrid - licenciatura en Dereito Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfuncionaria pública, política, avogada Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular (1989–)
Alianza Popular (1980–1989) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Q57411145 Traducir (2012–2014) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJavier Aguilar Viyuela Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
2018Cifuentes case (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Páxina webcristinacifuentes.es Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm5782156 Facebook: cristinacifuentes Twitter: ccifuentes Instagram: cristinacifuentes Telegram: cristinacifuentes Editar o valor en Wikidata

María Cristina Cifuentes Cuencas, nada en Madrid o 1 de xullo de 1964, é unha política española do Partido Popular. Foi presidenta da Comunidade de Madrid entre 2015 e 2018, cando dimitiu despois da polémica pola obtención do seu mestrado e a aparición dun vídeo dela roubando nun supermercado.[1]

Anteriormente fora deputada da Asemblea de Madrid dende 1991 ata 2012 e ocupara o cargo de delegada do Goberno de España en Madrid desde xaneiro do 2012 ata abril de 2015, cando cesou para presentar a súa candidatura para as eleccións autonómicas de 2015.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e máster en Administración Pública e Dirección de Empresas. Así mesmo, ten un máster en Dereito Autonómico pola Universidade Rei Xoán Carlos (URJC) de Madrid.[3] É funcionaria do Corpo Técnico Superior desta Universidade, posto co que compatibiliza a súa actividade política.

Carreira política

[editar | editar a fonte]

Naceu en Madrid nunha familia con 8 irmáns, filla dun xeneral de artillaría da Coruña e dunha ama de casa de Ourense.[4] Cifuentes comezou a súa carreira política no partido Alianza Popular, a cuxas Novas Xeracións afiliouse en 1980 con dezaseis anos. AP posteriormente foi refundada en 1989 e tomou a denominación de Partido Popular. Presentouse no posto 57 da candidatura presentada por Alianza Popular ás eleccións de deputados ao Parlamento Europeo convocadas en 1987 e celebradas en 1989.

É membro do Comité de Dirección, do Comité Executivo e da Xunta Directiva Rexional do PP de Madrid e presidenta do Comité de Dereitos e Garantías. Entre 2004 e 2008, fíxose cargo da Secretaría Executiva de Política Territorial do Partido Popular de Madrid.

Desde o 1991 ata xaneiro de 2012, foi deputada da Asemblea de Madrid. Nas súas seis lexislaturas como parlamentaria, desempeñou máis dunha decena de cargos, entre eles, os de vicepresidenta primeira, portavoz adxunta do Grupo Parlamentario Popular e portavoz de comisións como Presidencia, Xustiza e Interior; Educación, Vixilancia das Contratacións, Cultura e Control do Ente Público Radio Televisión Madrid.

Participou no Consello Rexional de Patrimonio Histórico e na Comisión Permanente do Consello Rexional de Patrimonio Histórico da Comunidade de Madrid, o Consello Taurino da Comunidade de Madrid e o Consello Xeral de Caja Madrid.

Ademais, formou parte do Consello de Administración de Radiotelevisión Madrid (1995-1999), do Consello de Cultura da Comunidade de Madrid (1995-2003), da Comisión Mixta de transferencias Estado-Comunidade de Madrid (1996-1999) e da Comisión Rexional de Museos da Comunidade de Madrid (2002-2003).

En xaneiro de 2012 foi nomeada delegada do Goberno na Comunidade de Madrid,[5] posto que ocupou ata 2015. En marzo de 2015 foi nomeada candidata do PP á presidencia da Comunidade de Madrid para as eleccións autonómicas de 2015. Tras as eleccións autonómicas do 25 de maio foi proposta pola nova presidenta da Asemblea de Madrid, Paloma Adrados, como candidata á presidencia da Comunidade. O 24 de xuño de 2015, con 65 votos a favor (48 votos do Partido Popular e 17 de Ciudadanos) e 64 en contra, foi elixida presidenta da Comunidade de Madrid.

Accidente de tráfico

[editar | editar a fonte]

O 20 de agosto de 2013, foi ingresada en estado grave no Hospital La Paz, por traumatismo torácico severo con cinco costelas rotas, tras sufrir un accidente de moto no Paseo de la Castellana.[6] Circulaba sen a revisión da ITV. Recibiu a alta médica o 23 de setembro de 2013.

Polémica pola titulación universitaria e dimisión

[editar | editar a fonte]

O 21 de marzo de 2018 apareceron informacións en eldiario.es sobre irregularidades no seu expediente académico nun máster en dereito autonómico que dicía ter pola Universidade Rei Xoán Carlos (URJC). En rolda de prensa esa mesma tarde amosou documentación que lle fora enviada dende a propia universidade que probaba ter a titulación. Esta información foi nun primeiro momento confirmada polo reitor da propia universidade. Informacións posteriores publicadas na prensa e confirmadas pola universidade negaban a documentación amosada e poñían os feitos en coñecemento da fiscalía por considerar que había un posible delito.[7]

O 4 de abril o diario dixital El Confidencial publicou unha investigación onde alegou que polo menos dúas das tres sinaturas do tribunal correspondentes á acta de avaliación do Traballo de Fin de Mestrado eran falsas e sostivo que o documento fora fabricado dúas semanas atrás.​​ O presidente do Goberno de España Mariano Rajoy considerou «bastante estéril» a polémica sobre o máster.[8] Ao día seguinte, unha das profesoras cuxa sinatura aparecía como aval na acta da defensa do Traballo de Fin de Mestrado denunciou a falsidade da súa sinatura no documento.[9]

O 25 de abril de 2018 OK Diario fixo pública unha gravación de 2011 das cámaras de seguridade dun local de Eroski. Nas imaxes, Cifuentes era acompañada por un garda de seguridade a un local onde lle pedía que amosase o contido do bolso xa que fora vista por unha empregada metendo obxectos nel. Resultou que levaba dous botes de crema valorados nus 40 euros que Cifuentes pagou antes de marchar do supermercado. O propio 25 de abril, ás 12 do mediodía, anunciou en rolda de prensa a súa dimisión como presidenta da Comunidade de Madrid polo acoso ao que dicía estar sometida.[10] Así pois, a difusión deste vídeo adiantou a súa dimisión que ela tiña previsto realizar o 2 de maio, co gallo do día da Comunidade de Madrid, para evitar que prosperase unha moción de censura presentada polo PSOE, co apoio de Podemos, e evitar que gobernase a "esquerda radical", segundo as súas verbas.[11]

  1. Sofía Pérez Mendoza (25/04/2018). "Cristina Cifuentes dimite como Presidenta de la Comunidad de Madrid". Consultado o 25/04/2018. 
  2. Cristina Cifuentes deixa a Delegación do Goberno en Madrid e Dancausa toma posesión Arquivado 15 de setembro de 2015 en Wayback Machine., elEconomista.es
  3. Paula Poveda (29 de marzo de 2018). "Un observador externo investigará sobre el máster de Cifuentes". La Razón (España) (en castelán). Consultado o 1 de abril de 2018. 
  4. Portabales, Pablo (27 de decembro de 2015). "La presidenta, gallega, de la Comunidad de Madrid". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2021. 
  5. Real Decreto 90/2012, de 13 de xaneiro, polo que se nomea Delegada do Goberno na Comunidade de Madrid a dona Cristina Cifuentes Cuencas.
  6. "A delegada do Goberno en Madrid, ferida grave nun accidente de moto". El País. 20 de agosto de 2013. 
  7. "El rector de la Rey Juan Carlos niega haber «manipulado» la documentación del máster de Cifuentes", La Voz de Galicia, 6 de abril de 2018 (en castelán)
  8. "Rajoy considera «bastante estéril» la polémica sobre el máster de Cifuentes". abc.es (en castelán). 4 de abril de 2018. 
  9. "Una de las profesoras del máster declara que no firmó el trabajo de fin de máster de Cifuentes". elmundo.es (en castelán). 6 de abril de 2018. 
  10. Cifuentes dimite: "Me llevé por error unos productos, el vídeo ha sido utilizado para ir más allá de lo político", 20 minutos, 25 de abril de 2018 (en castelán).
  11. "Íntegro. Declaración de Cristina Cifuentes al presentar su dimisión". laregion.es (en castelán). 25 de abril de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
José Ignacio Echeverría

Vicepresidenta primeira da Asemblea de Madrid

20052012
Sucesor:
Rosa Posada
Predecesor:
María Dolores Carrión Martín

Delegada do Goberno de España na
Comunidade de Madrid

20122015
Sucesor:
Concepción Dancausa
Predecesor:
Íñigo Henríquez de Luna

Voceira do Grupo Popular
na Asemblea de Madrid

2015
Sucesor:
Enrique Ossorio
Predecesor:
Ignacio González

Presidenta da Comunidade de Madrid

2015-2018
Sucesor:
Ángel Garrido